A folla de temperaturas: que anotar e por que
O rexistro de temperaturas serve para demostrar que mantén o frío do que vende. O Regulamento (CE) n.º 852/2004 obriga a controlar a temperatura dos alimentos e a levar os rexistros que o demostren.
- Quen Manipulador
- Que Temperatura
- Condición en frío
- Evidencia Rexistro
Que equipos
Todos os que gardan alimentos refrixerados ou conxelados: cámaras, frigoríficos, conxeladores e vitrinas do mostrador.
Que anotar en cada lectura
- A data e a hora.
- O equipo.
- A temperatura que marca.
- Quen a leu.
- Se estaba fóra dos límites, que fixo: por exemplo, axustar o termóstato, pasar o produto a outro equipo ou retiralo.
O importante é que o rexistro sexa continuo e que, cando unha lectura sae dos límites, quede anotado que se fixo. Fixe unha frecuencia que poida cumprir, por exemplo ao abrir, e mantéñaa.
Que temperaturas esixe a norma
O Real decreto 1021/2022 fixa a temperatura interna máxima dalgúns alimentos no comercio retallista:
| Alimento | Temperatura |
|---|---|
| Carne de ungulados domésticos (vacún, porcino, ovino, caprino…) | 7 °C como máximo |
| Miúdos | 3 °C como máximo |
| Aves e coello | 4 °C como máximo |
| Carne picada | 2 °C como máximo |
| Peixe fresco | Entre 0 e 4 °C |
| Leite cru | Entre 1 e 4 °C |
| Conxelados | −18 °C como máximo |