Saltar ao contido

Política de cookies

Este texto ofrécese en castelán e en galego. En caso de discrepancia entre as dúas versións, prevalece a castelá.

1. Que son as cookies?

As cookies son pequenos ficheiros que un sitio web garda no navegador de quen o visita. O almacenamento local e o almacenamento de sesión do navegador serven para o mesmo e réxense polas mesmas regras, polo que esta política os trata igual.

2. Que cookies utiliza este sitio web?

Este sitio web utiliza só cookies e almacenamento técnicos, propios e necesarios para prestar o servizo que vostede solicita. Non utiliza cookies de análise, de publicidade nin de redes sociais, nin carga contidos de terceiros que as instalen. Por ese motivo non lle solicitamos o seu consentimento (art. 22.2 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico).

FinalidadeOndeTipoDuración
Manter a sesión e protexer os formularios fronte a envíos falsificadosTodo o sitio webCookies de sesiónAta que pecha o navegador ou sae da área. A sesión caduca tras 30 minutos sen actividade
Conservar o que escribe nun formulario se a sesión caduca, para devolverllo só a vostedeÁrea de clientesAlmacenamento de sesión, só nesa lapelaAta que envía o formulario, sae da área ou pecha a lapela; se a sesión caducou, como máximo 24 horas
Avisar á vez en todas as súas lapelas antes de que caduque a sesiónÁrea de clientesAlmacenamento local, só coa hora da última actividadeAta que borra os datos do navegador
Lembrar a folla de etiquetas que está a preparar e as súas preferencias de impresiónÁrea de clientes, etiquetaxeAlmacenamento localA folla, ata que a imprime ou a baleira, e se pasan 30 días sen cambiala bórrase soa; as preferencias, ata que as cambia. As dúas, tamén ata que borra os datos do navegador

A comprobación fronte a envíos automáticos do formulario de solicitude resólvese no seu navegador, sen instalar cookies nin consultar servizos de terceiros.

O que garda o almacenamento do navegador permanece no seu dispositivo e non se envía aos nosos servidores. Se utiliza un dispositivo compartido, saia da área ao rematar: ao saír elimínanse as copias dos formularios.

3. Como pode eliminar ou bloquear as cookies?

Pode eliminar ou bloquear as cookies e o almacenamento desde a configuración do seu navegador, no apartado de privacidade, cookies ou datos de sitios. A axuda de cada navegador (Chrome, Firefox, Safari, Edge) explica como facelo.

Se bloquea as cookies de sesión, non poderá enviar o formulario nin acceder á área de clientes. Se elimina o almacenamento, perderá a folla de etiquetas en preparación e as súas preferencias de impresión.

4. Cambios nesta política

Se no futuro utilizamos algunha cookie que non sexa técnica, identificarémola nesta política e solicitarémoslle antes o seu consentimento.

Última actualización: 16 de novembro de 2026. Versión 1.1.