Por onde comezar
Despois dunha inspección de Sanidade
Deixáronlle unha acta. Lémola con vostede e axudámoslle a preparar o que lle piden.
Revisión gratuíta
Non sabe por onde comezar. Imos ao seu local e vémolo con vostede.
Etiquetaxe e alérxenos
Envasa o que elabora ou vende sen envasar. Axudámoslle a preparar a ficha e a etiqueta de cada produto.
E o que veña despois
Para quen traballamos
Traballamos con locais que elaboran ou envasan alimentos:
- obradoiros de panadaría e pastelaría;
- carnizarías con obradoiro e obradoiros cárnicos;
- supermercados con seccións que cortan, envasan ou elaboran.
Ten outro tipo de negocio? Escríbanos e dicímoslle se podemos axudar.
Como é a revisión gratuíta
Pídenola
Co formulario.
Escribímoslle ou chamámoslle
En 2 días laborables, para quedar.
Imos ao seu local
Miramos con vostede rexistros, etiquetas e alérxenos.
Deixámoslle por escrito
O que vimos e o que conviría cambiar, gardado no seu cartafol.
- Biólogo e técnico de seguridade alimentaria.
- Coautor dun libro técnico editado pola Xunta.
- Cada recomendación, co seu criterio da normativa.
- No seu local, en toda a provincia de Pontevedra.
Quen fai as revisións
Son Andrés Cordeiro Baqueiro. Fago as revisións nos locais, acompaño os clientes cando teñen que responder a unha inspección e axúdoos a preparar a súa documentación de seguridade alimentaria.
O primeiro é ver o seu local
Na revisión gratuíta vemos con vostede como está e deixámoslle por escrito por onde comezar.
Escribímoslle ou chamámoslle en 2 días laborables para quedar. Non ten que contratar nada.