Como traballamos
Comezamos polo que necesita agora. Despois, vostede decide se seguimos.
Non hai un único camiño. Pode que nos busque porque tivo unha inspección e ten algo que arranxar, ou porque quere poñer ao día as súas etiquetas. Cada servizo funciona por si só, pódense combinar e pódese parar e retomar cando lle veña ben.
Os pasos
- Revisión gratuíta no seu local, e o que vimos, por escrito.
- Se quere que o axudemos, dicímoslle que traballo propoñeriamos, que inclúe e canto custa. Vostede decide.
- Se quere que sigamos, explicámosllo antes.
Despois dunha inspección de Sanidade
Lemos a acta con vostede e axudámoslle a preparar o que lle piden.
Revisión gratuíta
Imos ao seu local e miramos con vostede rexistros, etiquetas e alérxenos.
Etiquetaxe e alérxenos
Axudámoslle a preparar a ficha, a etiqueta e a información de alérxenos de cada produto.
E o que veña despois
Onde queda o que preparamos
Todo o que preparamos con vostede, e o que xa ten, queda no cartafol do seu local: fichas, etiquetas, alérxenos, rexistros e o que lle pida Sanidade, nun só sitio e ordenado. Gardámolo nós; o que contén apróbao vostede. Se un día deixa o servizo, entregámosllo para que o conserve e despois borrámolo.
Para quen traballamos
Obradoiros de panadaría e pastelaría, carnizarías con obradoiro e obradoiros cárnicos, e supermercados con seccións que cortan, envasan ou elaboran. Ten outro tipo de negocio? Escríbanos e dicímoslle se podemos axudar.
Onde
No seu local, en toda a provincia de Pontevedra.
Que é o seu e que é o noso
| Faino vostede | Axudámoslle |
|---|---|
| Aproba a información dos seus produtos | A preparar as fichas, as etiquetas e a información de alérxenos |
| Decide e asina o que presenta a Sanidade | A entender o que lle piden e a preparalo |
| Leva os rexistros do día a día | A saber que apuntar e como |
O que si é noso: gardar a súa documentación, ordenada e ao seu alcance.
Non lle podemos asegurar o resultado dunha inspección: depende do que vexa o inspector no seu local ese día.
Como se cobra
A revisión é gratuíta. Os traballos orzaméntanse por escrito antes de comezar, segundo o que haxa que preparar.
Preguntas frecuentes
Teño que contratar algo despois da revisión? Non.
Podo pedir só un traballo? Si. Cada servizo funciona por si só.
Traballan co meu asesor ou veterinario? Partimos do que xa teña.
Quen fai as revisións: Quen está detrás.
Escribímoslle ou chamámoslle en 2 días laborables para quedar. Non ten que contratar nada.