Saltar ao contido

Quen está detrás

Son Andrés Cordeiro Baqueiro, biólogo e técnico de Crelia. Fago as revisións nos locais, acompaño os clientes cando teñen que responder a unha inspección e axúdoos a preparar a súa documentación de seguridade alimentaria.

Como traballo

Primeiro vexo como está o local e despois compároo co que esixe a norma. Cada recomendación apóiase nun criterio concreto da normativa europea, estatal ou galega, recollido nun catálogo propio que reviso cando cambia unha norma.

Explico o motivo de cada cambio, para que o local poida mantelo pola súa conta. Do que se presenta á Administración responde o local; Crelia asesora e garda a documentación.

Traxectoria

Asesorei tendas e obradoiros de Vigo e arredores, tamén ante inspeccións sanitarias, e dou formación en APPCC ao persoal de comercios e obradoiros. Impartín cursos na Universidade de Vigo sobre cogomelos e prevención de intoxicacións alimentarias, e son coautor de Domesticación de cogomelos. Pautas, parámetros e lexislación, un libro técnico editado pola Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Traballo tamén en sistemas de calidade, automatización de procesos e control estatístico de desviacións.

Zona de traballo: provincia de Pontevedra. Crelia é unha marca de Myolos Consultoría y Diseño Web S.L. Aviso legal